Os traballos premiados nesta VIII convocatoria son os seguintes:
1º premio para o traballo
“As Pontes no reinado de Filipe II (1556-1598). Administración xurisdiccional e municipal”
autor: Rodrigo Pousa
2º premio para o traballo
"O Puentes de García Rodríguez sucou os mares”
autor: Javier Barcón
Accésit
Autor: Jorge Vidal
"Os grandes esquecidos. Os depósitos de augas do POBOADO DAS VEIGAS"
Entrevistas:
Rodrigo Pousa
Javier Barcón
BASES DO VIII PREMIO DE INVESTIGACIÓN
"HUME" AS PONTES (2023)
Obxecto:
Os temas da investigación versarán sobre aspectos históricos, artísticos, industriais, políticos, filosóficos, sociolóxicos, arquitectónicos, etnográficos e do patrimonio cultural e natural do concello das Pontes de García Rodríguez ou colindantes.
Lingua:
Aceptaranse os traballos nas dúas linguas cooficiais, galego e castelán. No caso de que algún traballo estea escrito en castelán, a súa tradución ao galego para a súa posterior publicación, correrá a cargo do autor.
Destinatarios:
Poderán optar a este premio cantas persoas o desexen, de forma individual ou colectiva.
Premios:
Concederase un primeiro premio de 2.000 €, un segundo premio de 1.000 € e un accesit de 200 €. Os traballos presentados, sexan premiados ou non, poderán ser publicados na revista Hume e pasarán a formar parte do fondo documental da asociación.
Condicións :
Os traballos deberán:
Ser orixinais e inéditos, non premiados nin ter recibido mención noutros premios. Cada participante só poderá presentar un traballo por edición. Terán unha extensión entre 60.000 e 100.000 caracteres (con espazos incluídos), sen contar notas e bibliografía. O corpo do texto debe estar escrito en letra Times New Roman, tamaño 12, con espaciado posterior 6 puntos, intrelineado 1,5 e aliñación xustificada. As marxes a utilizar son: 2 cm superior, 2 cm inferior, 2,5 á esquerda e 2,5 á dereita. Todas as notas que o autor/autores consideren incluír irán ó final da páxina en Times New Roman, tamaño 9, espazado anterior e posterior 6 puntos, aliñación xustificada, entreliñado exacto 12 puntos, sen sangrado e indicadas en superíndices no contexto do traballo.
Envío:
Os traballos deberán ser entregados nun sobre pechado baixo pseudónimo ao seguinte enderezo: Secretaria da Asociación Hume, Apdo. Postal 106, 15320, As Pontes de García Rodríguez. Nel incluirán outro sobre pechado que conteña os datos do participante/es: Nome, enderezo, teléfono…e tamén o currículum vitae dos participantes ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo…
Deberase entregar orixinal en papel e copia en CD, en formato PDF e Word. As imaxes entregaranse tamén aparte e cunha resolución de 300 ppp.
Prazo de presentación:
Do 15 de xuño ata o 1 de decembro de 2023.
Xurado:
- O xurado que será nomeado pola xunta directiva da asociación, estará presidido polo presidente da asociación, e estará integrado por tres especialistas e un concelleiro ou funcionario da corporación municipal. Actuará de secretario e sen voto o secretario da asociación. O fallo do xurado, que será inapelable, farase público no mes de decembro de 2022 e será anunciado aos premiados e nos medios de comunicación.
- A entrega do premio e/ou dos accesit farase a primeiros do ano 2024.
- O premio poderase declarar deserto. Resérvase o dereito de cancelar o premio. Os imprevistos que poidan producirse serán resoltos pola asociación.
- As persoas premiadas deberán comunicar por escrito á asociación “HUME” a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data de concesión do mesmo.
As obras premiadas poderán ser editadas pola asociación dentro do prazo dun ano; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento da súa publicación , se é do caso, deberán consignar a distinción concedida.
- Este premio é organizado pola asociación "HUME", en colaboración co Concello das Pontes de García Rodríguez.
- Para resolver dúbidas poden poñerse en contacto co seguinte enderezo: [email protected], ou no tfno: 645599353.
* Este premio está suxeito á retención vixente do I.R.P.F.
DESCARGA AS BASES AQUÍ
Os traballos premiados nesta VII convocatoria son os seguintes:
1º premio para o traballo
“La Pardo”, autor presentado co pseudónimo “Killers”
autor: Miguel Ledo Roca
2º premio para o traballo
“La industria como soporte artístico en As Pontes de García Rodríguez”
autor presentado co pseudónimo “Gewerbe”
autor: Enrique Tort Vázquez
Entrevistas:
O pontés Miguel Ledo e o lucense Enrique Tort
BASES DO VIII PREMIO DE INVESTIGACIÓN
"HUME" AS PONTES (2023)
Obxecto:
Os temas da investigación versarán sobre aspectos históricos, artísticos, industriais, políticos, filosóficos, sociolóxicos, arquitectónicos, etnográficos e do patrimonio cultural e natural do concello das Pontes de García Rodríguez ou colindantes.
Lingua:
Aceptaranse os traballos nas dúas linguas cooficiais, galego e castelán. No caso de que algún traballo estea escrito en castelán, a súa tradución ao galego para a súa posterior publicación, correrá a cargo do autor.
Destinatarios:
Poderán optar a este premio cantas persoas o desexen, de forma individual ou colectiva.
Premios:
Concederase un primeiro premio de 2.000 €, un segundo premio de 1.000 € e un accesit de 200 €. Os traballos presentados, sexan premiados ou non, poderán ser publicados na revista Hume e pasarán a formar parte do fondo documental da asociación.
Condicións :
Os traballos deberán:
Ser orixinais e inéditos, non premiados nin ter recibido mención noutros premios. Cada participante só poderá presentar un traballo por edición. Terán unha extensión entre 60.000 e 100.000 caracteres (con espazos incluídos), sen contar notas e bibliografía. O corpo do texto debe estar escrito en letra Times New Roman, tamaño 12, con espaciado posterior 6 puntos, intrelineado 1,5 e aliñación xustificada. As marxes a utilizar son: 2 cm superior, 2 cm inferior, 2,5 á esquerda e 2,5 á dereita. Todas as notas que o autor/autores consideren incluír irán ó final da páxina en Times New Roman, tamaño 9, espazado anterior e posterior 6 puntos, aliñación xustificada, entreliñado exacto 12 puntos, sen sangrado e indicadas en superíndices no contexto do traballo.
Envío:
Os traballos deberán ser entregados nun sobre pechado baixo pseudónimo ao seguinte enderezo: Secretaria da Asociación Hume, Apdo. Postal 106, 15320, As Pontes de García Rodríguez. Nel incluirán outro sobre pechado que conteña os datos do participante/es: Nome, enderezo, teléfono…e tamén o currículum vitae dos participantes ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo…
Deberase entregar orixinal en papel e copia en CD, en formato PDF e Word. As imaxes entregaranse tamén aparte e cunha resolución de 300 ppp.
Prazo de presentación:
Do 15 de xuño ata o 1 de decembro de 2023.
Xurado:
- O xurado que será nomeado pola xunta directiva da asociación, estará presidido polo presidente da asociación, e estará integrado por tres especialistas e un concelleiro ou funcionario da corporación municipal. Actuará de secretario e sen voto o secretario da asociación. O fallo do xurado, que será inapelable, farase público no mes de decembro de 2022 e será anunciado aos premiados e nos medios de comunicación.
- A entrega do premio e/ou dos accesit farase a primeiros do ano 2024.
- O premio poderase declarar deserto. Resérvase o dereito de cancelar o premio. Os imprevistos que poidan producirse serán resoltos pola asociación.
- As persoas premiadas deberán comunicar por escrito á asociación “HUME” a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data de concesión do mesmo.
As obras premiadas poderán ser editadas pola asociación dentro do prazo dun ano; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento da súa publicación , se é do caso, deberán consignar a distinción concedida.
- Este premio é organizado pola asociación "HUME", en colaboración co Concello das Pontes de García Rodríguez.
- Para resolver dúbidas poden poñerse en contacto co seguinte enderezo: [email protected], ou no tfno: 645599353.
* Este premio está suxeito á retención vixente do I.R.P.F.
VI Premios de investigación Hume 2021
Con data 27/12/2021 xuntouse o xurado para valorar os traballos presentados ao Premio de Investigación Hume correspondente ao ano 2021.O xurado acordou outorgar o
PRIMEIRO PREMIO
ao traballo presentado por
ANGEL ARCAY BARRAL
que leva por título
“Mujeres espontáneas. Fragilidad humana y cópula carnal en las comarcas del Eume y Ferrol, (XVIII-XIX”.
No seu traballo realiza un estudo sobre todas aquelas mulleres galegas que se presentaban voluntaria ou obrigadas ante as autoridades para auto inculparse polo feito de ter quedado embarazadas. Estas mulleres, na inmensa maioría dos casos viúvas ou solteiras, contan ante las autoridades todo o proceso do preñado coa intención de recibir o perdón pola franqueza das súas declaracións, logrando con iso tamén un salvoconduto para no ser molestadas por tal feito.
Angel Arcay Barral e graduado en historia e traballa como arquiveiro e técnico de turismo.
SEGUNDO PREMIO
Outorgado ao traballo presentado por
JAVIER BARCÓN VÁZQUEZ
que leva por título
”Intervencionismo y reforestación nos montes das Pontes, Grupos Sindicais de Colonización, conflitos ambientais durante o franquismo”.
Neste traballo analiza a repoboación forestal realizada nos anos 50 e 60 nos montes do Freixo, Deveso e As Pontes polo Patrimonio Forestal do Estado mediante un consorcio co Concello das Pontes de García Rodríguez e sen o consentimento dos propietarios dos terreos afectados. Repasa a historia desta repoboación e a devolución dos montes aos seus propietarios a finais dos anos 70.
Javier Barcon Váquez e un delineante pontés e estudoso da historia local.
ACCÉSIT
Ao traballo presentado por:
ALBERTA LORENZO ASPRES
co título:
“A modernidade de Rodolfo Ucha Donate nas vivendas de renda limitada das Pontes de García Rodríguez”.
Neste traballo realiza unha investigación sobre as vivendas da Cooperativa Virxe da Luz e outras deseñadas polo arquitecto ferrolán, Rodolfo Ucha Donate. Alberta Lorenzo Aspres e doutora en arquitectura e autora do proxecto Arga (Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia).
O primeiro premio ascende a 3.000 €, o segundo a 1.500 € e o accésit a 200 €.
Estes traballos serán publicados na revista Hume no ano 2022.
Descarga as bases do VI premio 2021
Outorgamento dos
V Premios de Investigación Hume 2020:
Con data 28/12/2020 xuntouse o xurado para valorar os traballos presentados ao V Premios de Investigación Hume correspondente ao ano 2020.
O xurado acordou outorgar o
PRIMEIRO PREMIO
ao traballo presentado por
Alberta Lorenzo Aspres
leva por título
“ A evolución do espazo arquitectónico nas escolas da emigración no Concello das Pontes de García Rodríguez”
Alberta Lorenzo Aspres e doutora en arquitectura e autora do proxecto Arga (Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia). No seu traballo realiza un estudo sobre a orixe e historia das cinco escolas da emigración pontesas revisando as reformas realizadas dende a súa fabricación ata actualidade.
SEGUNDO PREMIO
foi outorgado ao traballo presentado polos autores
Jose Manuel Yáñez Rodríguez,
Silvia Monzo Cortiñas e
Diego Veiga Freire
leva por título
”Capelas, ermidas e santuarios. Arte relixiosa en lugares de devoción popular no Concello das Pontes de García Rodríguez”
José Manuel Yáñez Rodríguez é arquitecto técnico e doutor en historia da arte.
Silvia Monzo Cortiñas é arquitecta técnica e cursou un mestrado en arquitectura sostible. Diego Veiga Freire é arquitecto técnico, actualmente realiza un doutorado na Universidade da Coruña.
ACCÉSIT
O xurado acordou outorgar un accésit ao traballo presentado por
Javier Barcón Vázquez
leva por título
“Descubriendo la iglesia de Santa María de la Luz”
O xurado valorou a calidade excepcional do traballo presentado, a comprensión dos feitos e obxectos de interese analizados e a achega de datos interesantes sobre a iconografía das vidreiras da igrexa do Poboado das Veigas.
Javier Barcón Vázquez é delineante. É o primeiro pontés galardoado cun accesit dende que se iniciou a convocatoria dos premios.
O primeiro premio ascende a 2.000 €, o segundo a 1.000 € e o accésit a 100 €.
Estes traballos serán publicados na revista Hume no ano 2021.
IV Premio Hume de Investigación Histórica-2019
I PREMIO
A violencia no Golpe e na retagarda galega.
O Concello das Pontes, 1936-1939
AUTORES:
Rafael García e
Conchi López
II PREMIO
Novos aportes ás migracións pontesas a Cuba: asociacionismo e variacións residenciais
AUTORES:
Frank Manuel Díaz e Ruxandra Guillama
ACCÉSIT
O Campanifome de Veiga de Vilavella: unha ollada dende a arqueoloxía experimental
AUTORA
Miriam Fernández Otero
OS AUTORES
Rafael García
Graduado en Historia (USC), Mestre en Historia Contemporánea (USC), E na actualidade cursa o programa de doutoramento en Historia Contemporánea na USC, coas liñas de investigación: II República, golpe de Estado, guerra civil, contextos de violencia masiva, historia social.
Conchi López
Licenciada en Historia, especialidade en Historia Contemporánea (USC), máster en profesorado de ESO, bacharelato, FP e idiomas. Actualmente cursando o programa de doutoramento en Historia Contemporánea, nas liñas de investigación: guerra civil, franquismo e transición.
Frank Manuel Díaz
Máster sobre migracións internacionais en Poitiers e A Coruña. Máster en profesorado de ESO, bacharelato, FP e idiomas na UNED. Na actualidade é doutorando na USC, en Historia de América, investigando sobre as migracións trasnacionais Galicia-Cuba-EEUU.
Ruxandra Guillama
Licenciada en Historia pola Universidade da Habana, máster en Historia Contemporánea (USC), e actualmente doutoranda da USC, no equipo de investigación 1661, de Historia de América.
Miriam Fernández Otero
Graduada en Historia da Arte (USC), master en servicios culturais e especialista en xestión de bens culturais.
IV PREMIO DE INVESTIGACIÓN "HUME"- 2019
III PREMIO DE INVESTIGACIÓN "HUME"- 2018
(O primeiro e segundo premio serán publicados na revista nº 12)
Primeiro premio:
As Pontes históricas de autor e de autor anónimo do Concello das Pontes
Autor: José Manuel Yáñez Rodríguez.
Segundo premio :
Lembranzas do Freixo: Os muíños esquecidos
Autor: María Belén Vázquez Brage
DESCARGA AS BASES DO III PREMIO HUME 2018 - PDF
O XURADO OUTORGA OS
II PREMIOS DE INVESTIGACIÓN 2017,
entregaráronse no acto de presentación da revista nº 10 o día 15.12.17
1º premio:
José Manuel Yañez Rodríguez
Co traballo:
"Enxeño e técnica. Historia de dous aproveitamentos hidroeléctricos no Eume"
2º premio:
Gustavo Daniel Cabarcos Randazzo
Co traballo:
Detalle dos veciños das Pontes analizados a partir do Alistamento militar de 1794. Ponteses cara a guerra do Rosellón
Este traballos teremos a ocasión de desfrutalos na próxima revista de Hume, no nº 11, ano 2018
DESCARGA AS BASES EN PDF
BASES DO II PREMIO DE INVESTIGACIÓN "HUME" AS PONTES (2017)
Obxecto:
Os temas da investigación versarán sobre aspectos históricos, artísticos, arquitectónicos, etnográficos, e do patrimonio cultural do concello das Pontes de García Rodríguez ou concellos colindantes.
Lingua:
Aceptaranse os traballos nas dúas línguas cooficiais, galego e castelán. No caso de que algún traballo estea escrito en castelán, a súa tradución ao galego para a súa posterior publicación, correrá a cargo do autor.
Destinatarios:
Poderán optar a este premio cantas persoas o desexen, de forma individual ou colectiva.
Premios:
Concederase un primeiro premio de 1.500 € e un segundo premio de 500 €. Os traballos presentados, sexan premiados ou non, poderán ser publicados na revista Hume e pasarán a formar parte do fondo documental da asociación.
Os premios serán únicos e non compartidos, aínda que se poderán declarar mencións honoríficas, sen consignación económica ningunha.
Condicións :
Os traballos deberán:
- Ser orixinais e inéditos, non premiados nin ter recibido mención noutros premios. Cada participante só poderá presentar un traballo por edición
- Terán unha extensión entre 60.000 e 100.000 caracteres (con espazos incluídos), sen contar notas e bibliografía. O corpo do texto debe estar escrito en letra Times New Roman, tamaño 12, con espaciado posterior 6 puntos, ientrelineado 1,5 e aliñación xustificada. As marxes a utilizar son: 2 cm superior, 2 cm inferior, 2,5 á esquerda e 2,5 á dereita. Todas as notas que o autor/autores consideren incluír irán ó final da páxina en Times New Roman, tamaño 9, espazado anterior e posterior 6 puntos, aliñación xustificada, entreliñado exacto 12 puntos, sen sangrado e indicadas en superíndices no contexto do traballo.
Envío:
- Os traballos deberán ser entregados nun sobre pechado baixo pseudónimo ao seguinte enderezo: Secretaria da Asociación Hume, Apdo. Postal 106, 15320, As Pontes de García Rodríguez. Nel incluirán outro sobre pechado que conteña os datos do participante/es: Nome, enderezo, teléfono…e tamén o currículum vitae dos participantes ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo…
- Deberase entregar orixinal en papel e copia en CD, en formato PDF e Word. As imaxes entregaranse tamén aparte e cunha resolución de 300 ppp.
Prazo de presentación:
Do 1 de marzo ata o 15 de setembro de 2017.
Xurado:
- O xurado que será nomeado pola xunta directiva da asociación, estará presidido polo presidente da asociación, e estará integrado por tres especialistas e un concelleiro ou funcionario da corporación municipal. Actuará de secretario e sen voto a secretaria da asociación. As súas decisións serán inapelables. O fallo do xurado, que será inapelable, farase público no mes de outubro de 2017 e será anunciado nos medios de comunicación.
- A entrega do premio e/ou das mencións honoríficas farase no mes decembro do ano 2017.
O premio poderase declarar deserto. Resérvase o dereito de cancelar o premio. Os imprevistos que poidan producirse serán resoltos pola asociación.
- As persoas premiadas deberán comunicar por escrito á asociación Hume a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data de concesión do mesmo.
- As obras premiadas poderán ser editadas pola asociación dentro do prazo dun ano; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.
- Este premio é organizado pola asociación "HUME", en colaboración co Concello das Pontes de García Rodríguez.
Para resolver dúbidas poden poñerse en contacto co seguinte enderezo: [email protected], ou no
tfno: 645599353.
* Este premio está suxeito á retención vixente do I.R.P.F.