• Inicio
  • HUME e estatutos
  • Revistas
  • Xornadas
  • Vídeos Xornadas
  • Letras galegas
  • Premio fotográfico
  • Premios investigación
  • Presentación libros
  • Congreso TICCIH
  • Certame escolar
  • Preservemos unha escavadora
  • Actos
  • Contacto
HUME
VISITANOS:

I- CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: "Amosando o noso patrimonio"

Imagen

 CONCURSO FOTOGRÁFICO
“AMOSANDO O NOSO PATRIMONIO”

A Asociación de Estudos Históricos e Sociais “Hume” convoca o I Concurso Fotográfico : “AMOSANDO O NOSO PATRIMONIO”, adicado a temas sobre o Patrimonio Natural, Industrial, Cultural, Arqueolóxico, Etnográfico e Artístico poñendo de relevo tanto a súa evolución coma o estado no que se atopan; o que se fai ou se desfai, destacando aspectos relativos á reconstrucción e conservación axeitada, así coma o expolio ou destrucción,e  abandono a que se ven sometidos boa parte dos bens móveis e inmóveis, así coma moitos costumes e festas tradicionais que forman parte da chamada memoria colectiva do Concello das Pontes.
 Con este aporte fotográfico, a Asociación “Hume” incrementará para o futuro e para o seu estudo, o arquivo fotográfico sobre o tema patrimonial dende diferentes obxectivos.

 
 BASES ESPECÍFICAS DO  I CONCURSO FOTOGRÁFICO DE “HUME”:
“AMOSANDO O NOSO PATRIMONIO”
 
* Vai dirixido a persoas, maiores de 16 anos, afeizoados/as á fotografía.
* Presentaránse un máximo de 3 fotografías por concursante.
* As fotografías poderán ser en branco e negro ou  en cor, en formato JPG e cun tamaño máximo de 8 Mb.
* Non se admitirán fotomontaxes nin fotografías retocadas digitalmente, agás retoques de axustes de brillo, tono ou contraste usados para mellorar a fotografía.
* As fotografías serán inéditas e non terán sido presentadas a outros concursos fotográficos.
* As obras enviaránse mediante correo electrónico a dirección asc.hume@gmail.com
 
Indicando en canto á obras:
 * Título e tema  da imaxe  ou imaxes presentadas con breve descripción das mesmas.
* Lugar e data da toma.
 
En canto ao concursante indicarase:
 * Nome e apelidos  do autor.
* Lugar e data de nacemento.
* Domicilio, Código Postal e Poboación.
* Teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.
  
PLAZO DE ENTREGA:
Dende o 1 de Maio ao 20 de Xuño de 2012.
 
PREMIOS:
 Establécense os seguintes premios:
 1º PREMIO: 300 Euros
2º PREMIO: 200 Euros
3º PREMIO: 100 Euros
 A tódolos concursantes entregaráselles un Diploma que acredite a súa participación neste certame.
 
XURADO:
Estará composto por membros da Directiva de “Hume” e persoas  relacionadas co mundo da fotografía, ou persoas nomeadas polo comité organizador.
O fallo do concurso será inapelable.
 
DEREITOS DE  REPRODUCCIÓN:
 
Enténdese que os participantes autorizan sin limitación de sistemas e medios á exposición, publicación e reproducción das súas obras sin aboamento de dereitos, pero garantindo sempre a difusión da súa autoría.
 Os concursantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de imaxe.
O feito de participar no concurso supón a aceptación total destas bases.

​ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DO
1º CERTAME DE FOTOGRAFÍA “HUME”-
“AMOSANDO O NOSO PATRIMONIO".

O día 18 de Xullo de 2012, ás 19, 30 horas, reúnese na Biblioteca Municipal o xurado que vai  valorar  as obras presentadas ao concurso.
Está composto por:
Anabel Alonso (Bibliotecaria)
Luis Díaz-Faes Santiago (Plataforma pola defensa do patrimonio)
Xosé  Montero (locutor  da TV local)
Javier Piñeiro Arias (Fotógrafo da localidade)
Manuel Souto ( Hume)
Marisol Souto (Hume)
Excusa telefónicamente a súa incomparecencia a  concelleira de cultura do concello de As Pontes.
Despois do visionado das fotos cada membro do xurado fai, individualmente, a súa puntuación e o resultado final da suma das puntuacións  da como gañadoras ás seguintes obras:
 1º PREMIO:
AUTORA:  María Vila Quintáns.
Título: "Cunchas"
 Lugar:  O Couce, iglesia parroquial de San Pedro do Eume.
 Descripción: "Non sei porque, ni dende cando, as cunchas forman parte dos enterramentos nestes lares, gústame o seu cor branco, é puro, como os que van o ceo"
 2º PREMIO:
 AUTOR: Álvaro J. Iglesias Maceiras.
Título: "La curva de la vida"
Lugar: Encoro do Eume. Concello de As Pontes             
3º PREMIO:
AUTOR:  Iván Castro González.
Título: - “Brillamos con luz propia”
Descripción: Na imaxe aparece nun primeiro plano a autovía Ferrol-Vilalba con actividade automovilística, deixando á súa esquerda  o lago artificial para dar lugar a continuación á vila das Pontes coa súa central totalmente iluminada e a pleno rendimiento.
 
RELACIÓN DE PARTICIPANTES:
 -PILAR ALONSO FORMOSO
 - WENDY GARCÍA AYUSO
 -PILAR AYUSO SAAVEDRA
 -Mº JOSÉ TORRENTE BELLAS
 -MANUEL GONZÁLEZ IGLESIAS
 -Mª DEL CARMEN CASTRO GUDÍN
 -JONÁS ÁLVAREZ
 -ARACELI BELLAS CASTRO
 -J.ANTONIO BELLAS MEIZOSO
 -JUÁN COLLADO FERNÁNDEZ
 -DAVID CARDEÑA FORMOSO
-JORGE ARES PATIÑO
 -JOSÉ LUIS LÓPEZ FERNÁNDEZ
 PREMIADOS:
 1º- MARÍA VILA QUINTÁNS
 2º- ÁLVARO JOSÉ IGLESIAS
 3º- IVÁN CASTRO GONZÁLEZ

© COPYRIGHT 2015. ALL RIGHTS RESERVED.