• Inicio
  • HUME e estatutos
  • Revistas
  • Xornadas
  • Vídeos Xornadas
  • Letras galegas
  • Premio fotográfico
  • Prem investigación
  • Presentación libros
  • Congreso TICCIH
  • Certame escolar
  • Preservemos unha escavadora
  • Actos
  • Contacto
HUME
VISITANOS:

 IV Premio Hume de Investigación Histórica-2019

 I PREMIO
A violencia no Golpe e na retagarda galega.
O Concello das Pontes, 1936-1939

AUTORES:
 Rafael García e 
Conchi López 

II PREMIO
 Novos aportes ás migracións pontesas a Cuba: asociacionismo e variacións residenciais
AUTORES:
Frank Manuel Díaz e Ruxandra Guillama

ACCÉSIT
 O Campanifome de Veiga de Vilavella: unha ollada dende a arqueoloxía experimental
 AUTORA
Miriam Fernández Otero

OS AUTORES
Rafael García
Graduado en Historia (USC), Mestre en Historia Contemporánea (USC), E na actualidade cursa o programa de doutoramento en Historia Contemporánea na USC, coas liñas de investigación: II República, golpe de Estado, guerra civil, contextos de violencia masiva, historia social.
Conchi López
Licenciada en Historia, especialidade en Historia Contemporánea (USC), máster en profesorado de ESO, bacharelato, FP e idiomas. Actualmente cursando o programa de doutoramento en Historia Contemporánea, nas liñas de investigación: guerra civil, franquismo e transición. 
Frank Manuel Díaz
 
Máster sobre migracións internacionais en Poitiers e A Coruña. Máster en profesorado de ESO, bacharelato, FP e idiomas na UNED. Na actualidade é doutorando na USC, en Historia de América, investigando sobre as migracións trasnacionais Galicia-Cuba-EEUU. 
Ruxandra Guillama
Licenciada en Historia pola Universidade da Habana, máster en Historia Contemporánea (USC), e actualmente doutoranda  da USC, no equipo de investigación 1661, de Historia de América.
Miriam Fernández Otero 
​
Graduada en Historia da Arte (USC), master en servicios culturais e especialista en xestión de bens culturais. 

IV PREMIO DE INVESTIGACIÓN "HUME"- 2019

Picture

 III PREMIO DE INVESTIGACIÓN "HUME"- 2018
(O primeiro e segundo premio serán publicados na revista nº 12) 
Primeiro premio:
As Pontes históricas de autor e de autor anónimo do Concello das Pontes 
Autor: José Manuel Yáñez Rodríguez. 

Picture
Picture

Segundo premio :
Lembranzas do Freixo: Os muíños esquecidos
Autor:  María Belén Vázquez Brage

Picture
Picture
Picture

DESCARGA AS BASES DO III PREMIO HUME 2018 - PDF


O XURADO OUTORGA OS 
II PREMIOS DE INVESTIGACIÓN 2017, 
​entregaráronse no acto de presentación da revista nº 10 o día 15.12.17

1º premio:
José Manuel Yañez Rodríguez
Co traballo:
"Enxeño e técnica. Historia de dous aproveitamentos hidroeléctricos no Eume"

Picture

2º premio:
Gustavo  Daniel Cabarcos Randazzo
Co traballo:
Detalle dos veciños das Pontes analizados a partir do Alistamento militar de 1794. Ponteses cara a guerra do Rosellón
Este traballos teremos a ocasión de desfrutalos na próxima revista de Hume, no nº 11, ano 2018

Picture

DESCARGA AS BASES EN PDF

 
BASES DO II PREMIO DE INVESTIGACIÓN "HUME" AS PONTES (2017)
Obxecto:
Os temas da investigación versarán sobre aspectos históricos, artísticos, arquitectónicos, etnográficos, e do patrimonio cultural do concello das Pontes de García Rodríguez ou concellos colindantes.
 
Lingua:
Aceptaranse os traballos nas dúas línguas cooficiais, galego e castelán. No caso de que algún traballo estea escrito en castelán, a súa tradución ao galego para a súa posterior publicación, correrá a cargo do autor.
 
Destinatarios:
Poderán optar a este premio cantas persoas o desexen, de forma individual ou colectiva.
 
Premios:
Concederase un primeiro premio de 1.500 € e un segundo premio de 500 €. Os traballos presentados, sexan premiados ou non, poderán ser publicados na revista Hume e pasarán a formar parte do fondo documental da asociación.
Os premios serán únicos e non compartidos, aínda que se poderán declarar mencións honoríficas, sen consignación económica ningunha.

Condicións :
Os traballos deberán:
  • Ser orixinais e inéditos, non premiados nin ter recibido mención noutros premios. Cada participante só poderá presentar un traballo por edición
  • Terán unha extensión entre 60.000 e 100.000 caracteres (con espazos incluídos), sen contar notas e bibliografía. O corpo do texto debe estar escrito en letra Times New Roman, tamaño 12, con espaciado posterior 6 puntos, ientrelineado 1,5 e aliñación xustificada. As marxes a utilizar son: 2 cm superior, 2 cm inferior, 2,5 á esquerda e 2,5 á dereita. Todas as notas que o autor/autores consideren incluír irán ó final da páxina en Times New Roman, tamaño 9, espazado anterior e posterior 6 puntos, aliñación xustificada, entreliñado exacto 12 puntos, sen sangrado e indicadas en superíndices no contexto do traballo.
 
Envío:
- Os traballos deberán ser entregados nun sobre pechado baixo pseudónimo ao seguinte enderezo: Secretaria da Asociación Hume, Apdo. Postal 106, 15320, As Pontes de García Rodríguez. Nel incluirán outro sobre pechado que conteña os datos do participante/es: Nome, enderezo, teléfono…e tamén o currículum vitae dos participantes ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo…
​
- Deberase entregar orixinal en papel e copia en CD, en formato PDF e Word. As imaxes entregaranse tamén aparte e cunha resolución de 300 ppp.
 
Prazo de presentación:
Do 1 de marzo ata o 15 de setembro de 2017.
 
Xurado:
- O xurado que será nomeado pola xunta directiva da asociación, estará presidido polo presidente da asociación, e estará integrado por tres especialistas e un concelleiro ou funcionario da corporación municipal. Actuará de secretario e sen voto a secretaria da asociación. As súas decisións serán inapelables. O fallo do xurado, que será inapelable, farase público no mes de outubro de 2017 e será anunciado nos medios de comunicación.

- A entrega do premio e/ou das mencións honoríficas farase no mes decembro do ano 2017.
O premio poderase declarar deserto. Resérvase o dereito de cancelar o premio. Os imprevistos que poidan producirse serán resoltos pola asociación.

- As persoas premiadas deberán comunicar por escrito á asociación Hume a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data de concesión do mesmo.

- As obras premiadas poderán ser editadas pola asociación dentro do prazo dun ano; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.

- Este premio é organizado pola asociación "HUME", en colaboración co Concello das Pontes de García Rodríguez.
Para resolver dúbidas poden poñerse en contacto co seguinte enderezo: asoc.hume@gmail.com, ou no
tfno: 645599353.
 
* Este premio está suxeito á retención vixente do I.R.P.F.


ENTREGADOS OS PREMIOS DO 2016!!!
(os traballos serán publicados na revista nº 10-2017)

1 eiro PREMIO:
“O POBOADO INDUSTRIAL COMO PARADIGMA URBANÍSTICO: AS PONTES, ANÁLISE COMPARATIVO CON COMPOSTILLA E BELESAR"
AUTORES:
NURIA PRIETO GONZÁLEZ
PABLO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
​

Picture

2º PREMIO:
"OS FERNÁNDEZ CABARCOS EN AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ.
​ SÉCULOS XVI AO XIX​"

Picture
Picture

© COPYRIGHT 2015. ALL RIGHTS RESERVED.