• Inicio
  • HUME e estatutos
  • Revistas
  • Xornadas
  • Vídeos Xornadas
  • Letras galegas
  • Premio fotográfico
  • Premios investigación
  • Presentación libros
  • Congreso TICCIH
  • Certame escolar
  • Preservemos unha escavadora
  • Actos
  • Contacto
HUME
VISITANOS:
A Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume nace no ano 2003 e xorde a raíz das inquedanzas de varios veciños  para abordar varios fins sociais entre os que se atopan a creación dun fondo documental, o incremento do coñecemento e a difusión da nosa riqueza histórica e converterse en vehículo de promoción da cultura na comarca a través da edición de publicacións que recollan o coñecemento científico e histórico das Pontes de García Rodríguez.
Este último fin vémolo cumprido ca revista de periodicidade anual. Con esta publicación pretendemos chegar á memoria de todos os habitantes das Pontes de García Rodríguez e comarca e daqueles outros, que fóra da dita comarca, se interesan por cuestión históricas de ámbito local.

Picture

NOVAS:

Picture

VISITA AOS MUIÑOS DAS PONTES, UNIVERSIDADE SENIOR 2022

Este martes, 15.03.22, membros de Hume, o profesor de Parimonio tradicional e industrial de Galicia, Álvaro Iglesias Maceiras, Manuel Souto, como presidente de Hume e Lolo de Severiano como máximo experto local en temas de muiños , ademais de propietario do muiño mellor conservado de pobo, e gran coñecedor dá nosa cultura e dás nosas tradicións , acompañáronnos a un percorrido por tres dos mellores representantes dos nosos muíños locais. Puidemos gozar das súas explicacións, TANTO RELACIONADO COS PROPIOS MUÍÑOS COMO DE CULTURA POPULAR, DA QUE LOLO É UN GRAN E AMENO EXPERTO.

NOVAS:
Acordo de outorgamento dos
VI Premios de investigación Hume 2021

Con data 27/12/2021 xuntouse o xurado para valorar os traballos presentados ao Premio de Investigación Hume correspondente ao ano 2021.O xurado acordou outorgar o

PRIMEIRO PREMIO

ao traballo presentado por
ANGEL ARCAY BARRAL

que leva por título
“Mujeres espontáneas. Fragilidad humana y cópula carnal en las comarcas del Eume y Ferrol
, (XVIII-XIX”.

No seu traballo realiza un estudo sobre todas aquelas mulleres galegas que se presentaban voluntaria ou obrigadas ante as autoridades para auto inculparse polo feito de ter quedado embarazadas. Estas mulleres, na inmensa maioría dos casos viúvas ou solteiras, contan ante las autoridades todo o proceso do preñado coa intención de recibir o perdón pola franqueza das súas declaracións, logrando con iso tamén un salvoconduto para no ser molestadas por tal feito.
Angel Arcay Barral e graduado en historia e traballa como arquiveiro e técnico de turismo.


SEGUNDO PREMIO

Outorgado ao traballo presentado por

JAVIER BARCÓN VÁZQUEZ

que leva por título
”
Intervencionismo y reforestación nos montes das Pontes, Grupos Sindicais de Colonización, conflitos ambientais durante o franquismo”.

 Neste traballo analiza a repoboación forestal realizada nos anos 50 e 60 nos montes do Freixo, Deveso e As Pontes polo Patrimonio Forestal do Estado mediante un consorcio co Concello das Pontes de García Rodríguez e sen o consentimento dos propietarios dos terreos afectados. Repasa a historia desta repoboación e a devolución dos montes aos seus propietarios a finais dos anos 70.
Javier Barcon Váquez e un delineante pontés e estudoso da historia local.

ACCÉSIT
Ao traballo presentado por:

ALBERTA LORENZO ASPRES
co título:
“A modernidade de Rodolfo Ucha Donate nas vivendas de renda limitada das Pontes de García Rodríguez”.
​

Neste traballo realiza unha investigación sobre as vivendas da Cooperativa Virxe da Luz e outras deseñadas polo arquitecto ferrolán, Rodolfo Ucha Donate. Alberta Lorenzo Aspres e doutora en arquitectura e autora do proxecto Arga (Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia).
​

O primeiro premio ascende a 3.000 €, o segundo a 1.500 € e o accésit a 200 €.
Estes traballos serán publicados na revista Hume no ano 2022.



SI DESEXAS NÚMEROS DA REVISTA ATRASADOS, PONTE EN CONTACTO CON NÓS​:
asoc.hume@gmail.com
ou no tfno: 619950082


Imagen

Revistas

É un proxecto da Asociacion de Estudos Históricos e Sociais Hume para difundir o coñecemento científico e histórico sobre As Pontes e a súa comarca.
Constitúe un foro aberto á publicación de artigos que versen sobre a historia, sociedade, economía, demografía, etnografía, etcétera, que teñan como marco xeográfico a nosa vila e arredores.
revistas en pdf
Imagen

Xornadas

Cada ano adicamos varios días a celebración de conferencias que versan sobre o noso patrimonio tanto material como inmaterial.
XORNADAS REALIZADAS
vídeos das xornadas
Picture

Premios de investigación

Con ese afán e interese por desvelar a nosa historia e o noso patrimonio, e para animar a historiadores de prestixio, a asociación convoca cada ano os premios de investigación, que logo son publicados na seguinte revista.
Os temas  versan sobre aspectos históricos, artísticos, arquitectónicos, etnográficos e do patrimonio cultural do concello das Pontes de García Rodríguez ou concellos colindantes.


premios por anos
LETRAS GALEGAS
PREMIO FOTOGRÁFICO
PRESENTACIÓN DE LIBROS
CERTAME ESCOLAR
CONGRESO TICCIH
PRESERVEMOS UNHA ESCAVADORA
ESTATUTOS
ACTOS
CONTACTO
© COPYRIGHT 2015. ALL RIGHTS RESERVED.